6 Sombreiros de pensar (de Edward de Bono).
- Sombreiro branco: obxectividade, números, demostración científica.
- Sombreiro vermello: oposto ao branco. Expresa as ideas en función das emocións e os sentimentos. Expresa xuízos, o non racional, impulsos corazonadas.
- Sombreiro negro: pensamentos que non encaixan coa nosa experiencia, apoiado na lóxica, non na emoción. Fai xuízos fríos e racionais que alertan dos perigos.
- Sombreiro amarelo: optimismo. É moi difícil de usar porque a nosa mente tende a utilizar o negro, o sombreiro do medo que alerta do peligro. A mente tende a poñerse no peor, é un mecanismo de defensa. É importante dar confianza ás novas ideas con confianza e optimismo.
- Sombreiro verde: enerxía. Invita ao crecemento, á creación de ideas novas. É o sombreiro da creatividade. Búsqueda de alternativas, de solucións.
- Sombreiro azul: aporta unha visión global. Sabe organizar un proceso no seu conxunto. Facilita estratexias xerais. Pensa sobre o propio pensamento. Suele ser o profe ainda que non ten porqué ser así. Facilita a avaliación orientando aos seguintes pasos.
